Coordinador/a de Asociación para o Emprendemento
Impulsa un grupo de emprendemento de especial valor para Galicia
Buscámoste para impulsar e coordinar a actividade dunha asociación de persoas emprendedoras, cuxa razón de ser é xerar un ecosistema de emprendemento en Galicia arredor da innovación e das tecnoloxías emerxentes.
A asociación conta con máis de 5 anos de traxectoria, polo que a túa misión será dar continuidade á estratexia actual, deseñar a nova folla de ruta, planificar as accións e levalas a cabo no día a día. Traballarás en colaboración con persoas, pemes, startups e empresas, todo o ecosistema galego vinculado ao emprendemento tecnolóxico e con organismos sectoriais.
Con posibilidade de realizar teletraballo, o posto desenvólvese principalmente na contorna de Santiago de Compostela, con presenza frecuente noutras localidades de Galicia.
O teu día a día 📝
- Xestionar as operacións diarias da asociación (administrativas, técnicas, representación, comunicación, presuposto…).
- Traballar con autonomía, colaborando coa equipa directiva para deseñar a folla de ruta e baixar ao terreo as políticas e accións do día a día.
- Facer medrar a asociación motivando a xeración de novos ingresos: atraer socios, financiamento, patrocinadores e outras formas de crecemento.
- Facilitar puntos de encontro: canles de comunicación, eventos dixitais e presenciais, xornadas técnicas e foros de interese.
- Identificar necesidades comúns das persoas socias e propoñer solucións de valor.
- Deseñar a estratexia de comunicación e marketing, xestionar as canles de comunicación on-off e dar visibilidade.
- Dinamizar a participación das persoas asociadas en canles de comunicación interna (slack, boletíns…) e crear novos contidos.
- Ser enlace activo con axentes do ecosistema de emprendemento en Galicia, representando á asociación ante organismos e grupos de interese.
- Identificar liñas de financiamento e convocatorias.
- Preparar memorias anuais e xustificativas.
- Executar as decisións que che pode trasladar a equipa directiva en beneficio do crecemento e mellora continua da asociación.
O que esperamos do teu perfil ✅
- Experiencia relacionada coa maior parte de funcións, especialmente se é próxima á xestión e/ou consultoría no desenvolvemento empresarial e emprendemento.
- Suma coñecer o ecosistema de tecnoloxía, emprendemento e innovación en Galicia.
- Formación de grao ou equivalente, desexable que poida complementarse con contidos relacionados.
- Entre outras habilidades, esperamos un nivel alto de autonomía e capacidade para xerar relacións.
- O galego é o idioma do día a día, polo que é preciso dominalo de xeito fluído. Valórase tamén nivel de inglés avanzado.
Beneficios e condicións 🚀
- Contribución: tes a oportunidade de formar parte do ecosistema emprendedor galego, participando na creación de empresas emerxentes e favorecendo o intercambio de boas prácticas.
- Autonomía: podes desenvolver o proxecto co teu propio estilo e selo persoal, aliñado co plan estratéxico e directrices aportadas polas persoas da directiva.
- Mentorización: por parte do equipo directivo da asociación, persoas con experiencia que impulsaron a súa posta en marcha e crecemento.
- Condicións: contrato indefinido con período de proba de 6 meses. O salario de referencia será 23k/25k, con previsión de aplicar un sistema de incentivos polo valor aportado e crecemento. Compensación de gastos de desprazamento e representación, ademais do equipamento necesario, como portátil e teléfono móbil.
- Conciliación: flexibilidade e teletraballo frecuente.
- Crecemento: acceso aos axentes clave do sector que poden axudarte a impulsar o proxecto.
- Formación: podes deseñar o teu percorrido de aprendizaxe en paralelo ao crecemento e actividade da asociación.
- Desenvolvemento: podes poñer en práctica habilidades de xestión e terás acceso a información sobre sectores de interese estratéxico.
Garantimos igualdade de oportunidades para todas as persoas.
Apúntaste?
- Categoría
- Consulting
- Puesto
- Digitalización
- Ubicaciones
- Santiago de Compostela
- Estado remoto
- Híbrido

Acerca de BlueLeaders
Nacimos en 2017 para tener un impacto positivo en el planeta a través de la innovación en la gestión de las personas.
La conexión con el mar, el liderazgo y la inspiración en la estrategia del océano azul se ven reflejados en nuestra imagen. El emprendimiento, la formación, el liderazgo responsable y la innovación forman parte de nuestra razón de ser.
Acompañamos a empresas, startups y organizaciones del tercer sector para que puedan prosperar y ser más competitivas, creando equipos comprometidos con el negocio y los valores, la cultura corporativa y el propósito.
Puedes encontrar nuestra oficina en Rosalía de Castro, 13-1º (15004 - A Coruña)